09 enero 2006

Agca e o perdón definitivo

Agca, nunha foto de hai anos

Mehmet Ali Agca, o home que tentara asasinar a Xoan Pablo II, será posto en liberdade polas autoridades turcas o próximo xoves. Unha noticia que está a dar a volta o mundo nos xornais. Causou máis conmoción o propio atentado, do que todavía non se esclareceron moitos detalles. Por aquel entón, Agca era un xove de tan so 24 anos. Agora ten 49. Algúns medios publicaron a súa biografía, e moitos máis dedicanse a especular sobre quén estivo detrás do atentado.

Agca, perdoado por Xoan Pablo IIO feito de tentar acabar coa vida de Wojtila, e aínda máis o anuncio do perdón por parte do propio agredido, están na memoria colectiva de todos. Non calquera vítima dun atentado similar é capaz de perdoar como fixo o Papa.

Agora, 25 anos despois, parece que Agca volta ser un home libre. Está contento, e non sabe qué vai facer coa súa vida, dividida a partes iguais entre a liberdade e a cadea.

(Daniel Basteiro para NF)