08 febrero 2006

Locura de Macbeth

Si no algo, al menos alguito tiene que ver con nosotros. Si se suspende un instante la sensibilidad de cartón a la que obliga la suma de barbaries que sufre nuestra perplejidad, sentirá (aunque en suave dosis) la culpa que como especie le toca. La belleza documental de National Geographic nos neutralizó los ojos a la hora de igualar los destinos del guepardo y la cebra. De a poco, esa mirada blanca se ajenizó hasta hacernos sentir distantes los destinos de un hutu con machete y una tutsi decapitada. Llueven a diario un millón de noticias sobre el mundo. Es que no hay modo de contener tanto meteorito. Sobre lo que nos pasa ya casi no nos "pasa" nada. Para sobrevivir portamos un colchón interior que sostiene el impacto de lo que leemos, oímos y vemos cada día.
Esteban Peicovich, Así miran las niñas jirafas, en La Nación

Nueva terminal

06 febrero 2006

Unhas viñetas que causan un conflicto entre civilizacións

Nas últimas semanas a polémica pola publicación dunhas viñetas sobre Mahoma enche páxinas e páxinas nas seccións de Internacional dos xornais de medio mundo.

Trátase dunhas viñetas que se sitúan nunha feble fronteira entre o humor e o mal gusto, segundo publicacións europeas e a opinión pública de países musulmáns, respectivamente.

As viñetas en cuestión publicáronse por primeira vez no diario danés Jyllands-Posten, a comezos de decembro, pero non saltaron á actualidade internacional ata hai uns días, causando unha polémica internacional que aínda hoxe non está resolta. Nelas, o autor ridiculiza algúns aspectos da relixión musulmana e mostra a Mahoma cun turbante-bomba.

Dende que se publicaron os debuxos, países e organizacións árabes condenaron as viñetas, por humillantes e blasfemas cara o Islam. As presións foron interpretadas en Europa como un ataque á liberdade de expresión, consagrada como valor e dereito fundamental para os xornalistas, e provocaron unha ola de solidariedade nas redaccións europeas. Así, os máis importantes xornais do continente responderon publicando nas súas portadas de papel e edicións dixitais as polémicas viñetas.

Pese ás disculpas do xornal danés, o conflicto non fixo máis que agravarse cando centos de sirios e libaneses saíron á rúa para queimar consulados e embaixadas de Dinamarca, incorporando ás súas protestas un boicot a tódolos productos importados dende ese país. Este feito provocou as primeiras dimisións, coa renuncia do ministro de interior libanés. O enfado árabe chega a tal extremo que algúns países como Libia e Arabia Saudí optaron por chamar a consultas ós seus embaixadores en Copenhague.

Mesmo a Unión Europea, a través do seu Consello de Ministros de Economía advertíu ós países do boicot que están a incumplir acordos comerciais internacionais, e diversos portavoces aseguraron que non tolerarán ameazas contra cidadáns ou productos europeos. A opinión pública europea, na súa maioría favorable á publicación, considera as protestas radicais, que lle outorgan unha importancia a unhas viñetas que en realidade non a teñen. Aínda con esas, o nivel de crispación fixo que varios xornalistas foran despedidios, e mesmo cargos directivos na redacción do rotativo francés France-Soir.

No centro do debate, a dimensión do dereito á libre expresión e a protección das creencias. Algúns diarios europeos acusan ós países indignados de ter unha dobre moral ó aceptar imaxes similares sobre outras confesións, ou ó mostrar en televisión cruentas imaxes de guerra. No lado europeo, aínda se recorda a retirada dun cartel publicitario francés que mostraba unha Última Cea cunhas mulleres-apóstoles, o ano pasado en Francia. A Conferencia episcopal francesa mostrou o seu enfado polo que consideraba unha “blasfemia”, e as súas protestas tiveron éxito, coa retirada da publicidade da marca Marithe y Francois Girbaud. No caso que nos ocupa, Joaquín Navarro Valls, portavoz do Vaticano, afirmou que “a liberdade de expresión ten un límite”.

¿Sobre que se pode facer humor? ¿Son ofensivas esas viñetas? ¿Ata onde chega a protección da dignidade relixiosa e ata onde a libre expresión e crítica desenfadada? O conflicto segue aberto, mentres ameaza con lograr unhas proporcións inéditas que poñen ó Islam, a integración europea da cultura musulmana e valores democráticos e xornalísticos en tela de xuízo.

(Daniel Basteiro para NF)