09 septiembre 2005

Manuel María

Unha tarde de verán, das últimas, nas que unha brisa fría arreda a preguiza dos brazos morenos dende o cóbado ata as unllas. Homenaxe a Manuel María, que morreu hai un ano. Todos temos as nosas dúbidas. Será un acto da usurpación da memoria do poeta? Aproveitarán algúns para dividir en vez de sumar voces á homenaxe, basados en non sei qué pasado que María nunca recoñeceu? Todos recordamos o episodio do soterramento, no que algúns querían facer un acto civil con bandeiras esquencendo a vontade do poeta de Outeiro de facer unha cerimonia relixiosa. Hoxa, nada diso pasou. Manuel María acadou xuntar, a xentes de tódalas crenzas, e a catro grupos de gaitas do pobo que andan a paus: Entre lusco e fusco, os Buxos Verdes, as Pandereteiras de Andrade e a Banda de gaitas do Mato Vizoso. Iso si, cando se baixaba da casa da cultura evidenciouse a falta de coordinación ó tocar xuntos (pero non ó mesmo tempo) a marcha do antigo reino de Galicia. Na praza dos das Mulleres, dos Ovos, de Abel Pena, ou como din as malas linguas, "dos ovos de Manuel Pena" houbo música, sorrisos, algunha bagoa e moita poesía. As poesías que o Manuel adicou á Chaira, ó momento histórico que lle tocou vivir... Saleta, a súa viúva, observaba todo con atención, poemas que resoan e que ten, de seguro, gravados na súa testa despois de tanta homenaxe e de tanto recoñecemento, xa en vida. Un par de poemiñas, unha peza. E así seguido. Dos grupos antes citados e tamén doutros como Pilocha, A Quenlla, e outros conxuntos dos que agora non sei o nome. Música galega e en galego, co himno que constitúe "O Carro", canto de María á Terra Chá, con música de Mero, de "A Quenlla". O acto finalizou cun Hinno Galego berrado por todos, cun violín como acompañamento musical. Nada máis e nada menos, para turbar moitos corazóns. Os amigos pasaron por alí, a lembrar ó poeta, pero tamén outros cos que non tivo tanto trato. Xentes vidas de varios sitios de Galicia falaron de poesía, da terra e desas pequenas cousas que conforman, ou conformaban, o día a día dos nosos veciños. Que viva Manuel María libre, por moitos anos, sen que ninguén se apropie baixo ningunhas siglas do que foi e do que significou para a cultura e o corazón sentimental da Terra Chá. Por certo, marcho a Compostela. Ata o luns
ç
Nas fotos, o grupo A Quenlla, rapazas dos grupos de gaitas locais, , Uxío García Amor (párroco de Vilalba), un músico tocando a zanfona, un lector, a banda de gaitas Mato Vizoso e Xurxo Souto, dos Diplomáticos de Montealto (showman)

1 Comments:

Anonymous Anónimo said...

Manuel María merece un buen homenaje... por supuesto... pero te aseguro que si hubieras tenido un profesor de gallego como el mío que fantaseaba con los autores, aún entonces vivos, que eran todos sus amigos y que todos le querían mucho y mil fantasías más... no sé yo cuanto te gustaría... que conste que desde aquí dejo claro que Manuel María ha sido, para mi gusto, junto con Cunqueir, un gran autor en lengua gallega... cuanto nos quedaría por descubrir de él!!! RIP

9/09/2005 06:17:00 p. m.  

Publicar un comentario

<< Home